Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Melide (San Pedro)
Lugar: Melide
Outra denominación do ben: Colexiata e Pazo do Marqués de Corvera
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha capela construída a partires de 1671 segundo un proxecto atribuido ó arquitecto da Catedral de Santiago Domingo de Andrade.
A capela está construida en cantería e conta cunha bóveda de canón dividida en tres tramos por dous arcos faxóns que apoian en pilastras pegadas ao muro. A cada un dos lados atópanse os sepulcros coas estatuas dos fundadores, labradas en granito.
Na fachada da capela consérvase o escudo da familia Segade, que anteriormente residiu no solar que hoxe alberga a capela e a Casa do Concello. A portada da capela ten pilastras e capiteis planos, friso de metopas e frontón partido.
O promotor da construción foi o arzebispo D. Mateo Segade Bugueiro, logo do seu regreso de México cunha fortuna de cien mil ducados, que invertíu nestas dúas obras. A súa función primixenia era a da ensinanza.
Dentro da capela destaca o seu retablo barroco, que foi demontado nos anos 60. Tamén atopamos o sepulcro do arzebispo Segade, obra do escultor Mateo de Prado de 1674, e os cenotafios de Don Mateo e de Don Antón, con representación orante (da autoría de Mateo de Prado).
A capela comparte parede coa Casa do Concello de Melide
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9150356943Lonxitude: -8.01659703255
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Nov 25, 2011
Como información complementaria, o catálogo de Bens de Melide recólleo en
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MELIDE/documents/0215CA001.pdf
Un saúdo
Xurxo Broz Rodríguez e Cristina Vázquez Neira says:
Mar 31, 2016
Hai un erro que debería ser correxido: o promotor da Obra Pía de San Antón foi o arcebispo D. Mateo Segade Bugueiro, mentres que D. Antón Varela Segade era o seu sobriño, quen foi cabaleiro da Orde de Santiago, e o primeiro patrono rexidor da Obra Pía. Na fachada da capela aparece o escudo do arcebispo, e na portada da actual Casa do Concello (que forma parte da propia Obra Pía) aparecen os escudos de Don Antón Varela Segade e da súa dona Teresa de Velasco y Castilla, Marquesa de Salinas del Río Pisuerga. No interior da capela poden verse os cenotafios de Don Mateo e de Don Antón, con representación orante (da autoría de Mateo de Prado).
Oscar Franco says:
Mar 31, 2016
Correxido!.
Grazas polos apuntamentos.