Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Portomarín
Parroquia: Castromaior
Lugar: Castromaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Xusto sobre o camiño francés de Santiago, este sitio arqueolóxico domina un amplísimo territorio das comarcas de todo o val medio do río Miño. O seu sistema defensivo de murallas e foxos chamou sempre a atención e apréciase claramente nas fotografías aéreas. Esta visión panorámica complétase agora coas excavacións que dende hai algúns anos se realizan no Castromaior.
Os traballos arqueolóxicos permitiron poñer á vista varias construcións de muros rectos e traza xeralmente regular, agrupadas en núcleos ou barrios, así como unha monumental entrada fortificada polo lado leste. Trátase dun asentamento ocupado principalmente, e polo menos, entre os séculos II antes de Cristo e o século I despois de Cristo.
Fonte:Castros Lucenses: Investigación e posta en valor.
Atópase moi perto do Camiño de Santiago, a media etapa entre Portomarín e Palas de Rei. O pequeno pobo de Castromaior ten un bar no mesmo camiño que dispón dunha excelente fotografía aérea no momento en que o castro foi limpado e tamén dan indicacións precisas de como chegar ata él. Non hai ningunha indicación, pero dado o elevado nivel de pintadas e falta de respeto actualmente no Camiño… case mellor que a xente non saiba moita da existencia de este castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.83346108907917Lonxitude: -7.719697952270508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Out 6, 2011
Coma información adicional, engadir o enlace ás Normas Complementarias e
Subsidiarias provinciais que recollen este castro (Portomarín ten por planeamento
vixente unhas N.S.P. de 1983):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf
peromeca says:
Mai 25, 2015
Aínda non se levou a cabo a súa incoación como BIC aínda que apareza a información errada na páxina de Terra Arqueos.
Oscar Franco says:
Mai 22, 2016
A prensa escrita do 18 de maio de 2016 recolle a nova dun museo etnográfico no castro de Castromaior:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/portomarin/2016/05/18/portomarin-contara-museo-etnografico-castro-castromaior/0003_201605L18C9991.htm
Oscar Franco says:
Abr 7, 2019
O Ministerio de Fomento sacrá a licitación o centro de visitantes deste castro. A nova é do 13 de marzo de 2019:
https://www.elprogreso.es/articulo/comarca-lugo/castro-castromaior-tendra-centro-visitas-%C2%ABaberto-participativo%C2%BB/201903131735481364940.html